tag:blogger.com,1999:blog-1250985832044059867.post7153664921763938942..comments2012-03-01T13:21:37.731-08:00Comments on Catoira: Carta ao Embaixador de Israelbosshttp://www.blogger.com/profile/18442430706179563532noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1250985832044059867.post-92178940405244245302010-04-18T15:07:12.719-07:002010-04-18T15:07:12.719-07:00A Igrexa, o Galego, a Xunta… e outros
A persoa q...A Igrexa, o Galego, a Xunta… e outros

A persoa que primeiro me aprendeu a escribir –o pouco que sei- en galego, foi un cura, D. Xesús López aló polo ano 1972-73, no Seminario Menor de Santiago de Compostela; Franco aínda vivia, e nembargantes no Seminario varios curas que daquela chamábamos “progres”, e que hoxe creo que son unha especie extinguida, escomenzaban a defender timidamente, como podian ou os deixaban, a nosa cultura, o noso idioma, a nosa historia… Grazas a todos eles.
Na Igrexa –sobre todo na xerarquía- tiñan e creo que aínda teñen certo grao reticencia a falar galego, a tal punto que un arcebispo, hoxe residente e “exercente” en Madrid, chegou a decirlles aos seus curas párrocos –cando algún deles lle plantexou a necesidade facer as homilias en galego, porque moita xente no os entendía- o seguinte.: “…déjelo así, eso ayuda –o falar castelán- y conviene para mantener el misterio…” ¿? ¡e despois queixanse de que non teñen xente nas igrexas! Está visto que como dí o noso refraneiro non hai peor cuña que a do mesmo pau.
Desta declaración, non teño probas escritas, pero o cura que mo contou, aínda vive, e por suposto eu creo e fío das boas persoas. Os indicios de que é certo o que dixo, están claros.: ¿cantas homilias ou misas na língua galega se ofician en Galicia?
Pero a pesares de que a Igrexa ten moita culpa de que o galego sexa hoxe en día un idioma de 2ª categoría, hai que ter en conta que dende fai trinta anos os galegos –en teoría- somos responsables do que lle pase ao noso propio idioma, polo tanto fora desculpas.
Señor Feijoo -Presidente-, chegou vostede a Xunta e, cal un Fernando VII calquera apoiado polos cen mil fillos de San Luis, que neste caso quedaríanse en tres mil, rebulideiros e ruidosos, iso si, acompañados de tres… –medios de comunicación-, A COPE, O MUNDO e o ABC. ¡¡”la Santísima Trinidad!!, contando verdades a medias sobre coches oficiales e outras cousas –o que é peor que mentir- e doulle a volta a un decreto aprobado nada máis e nada menos que polo Sr. Fraga Iribarne.
¿Pensa vostede que lle debe algo a quen o levou ao poder dese xeito –mentindo-? Se a súa resposta e afirmativa, prégolle que pense que as falsedades no deben atar a ninguén e menos ao Presidente de tódolos galegos.
De todolos xeitos, non esquenza que a diferencia real de votos que lle otorgaron a maioría absoluta, non chega aos nove mil, e se os escanos se repartiran de xeito directamente proporcional aos votos –sen aplicar a Lei de d’Hont, que favorece aos partidos maioritarios-, nin vostede –nin calquer outro partido- xamáis acadarían dita maioría –faga números-, e non esqueza tampouco que dentro dos seus votantes hai moita xente que non está de acordo co decreto, por non falar de moitos dos militantes do seu propio partido.
Señor Feijoo, polo seu apelido parece vostede estar predestinado a facer algo co galego e cos galegos¡!.: un Feijoo –Benito de nome e freire de vocación- avogou polo galego e os galegos fai algo máis de dous séculos, a aquel Feijoo chamouselle Precursor do Rexurdimento (do galego, agora outro Feijoo, vostede, ten a oportunidade de facer algo tamén; ¡non lle faga unha felonía ao idioma galego nen sexa o enterrador do mesmo!, deixelle iso ás Glorias Lago de turno e máis a “Real Academia de la Lengua Española” coa súa definición do vocablo “gallego” e máis aos medios de comunicación da capital do estado. Coido que chegan dabondo.
Istes non é que queiran que sexamos españois, -que aínda que lles pese sómolo- o que realmente queren é que sexamos todos casteláns, e debo lembrarlle que iso non o conseguiron os Reises Católicos nen coa doma nen coa capadura do Reino. ¿terán entre todos o que hai que ter para intentalo?
Señores da Igrexa, da Xunta, medios de comunicación galegos… galegos todos: ¡¡EVITEMOS QUE O NOSO MAIOR E MELLOR SÍMBOLO E SIGNO INMATERIAL DE IDENTIDADE, O IDIOMA GALEGO, DESAPAREZA.bosshttps://www.blogger.com/profile/18442430706179563532noreply@blogger.com