Catoira é un pequeno municipio de 3.500 habitantes, cunha importante riqueza histórica, etnográfica e paisaxística. Situada nun enclave privilexiado , a desembocadura do Ulla, e no val formado polos montes do Xiabre e a Serra do Barbanza. Parte do seu territorio está protexido pola Rede Natura 2.000. Abundante en recursos de todo tipo que deron lugar á criación dunha puxante actividade económica: telleiras e aserradoiros no pasado; modernas fábricas de gres, ladrillos, conservas e asteleiros no presente.
Ben comunicada, está a escasos quilómetros de Vilagarcía, Padrón e Caldas de Reis. Tan só 35 quilómetros a separan de Pontevedra e Santiago, sendas capitais de provincia e comunidade. Chea de elementos patrimoniais e de outro tipo, xa protexidos uns ou merecentes de ser protexidos outros: Torres de Oeste, muíños de río, de vento ou de maré (vén poidera considerarse a capital dos muíños de Galiza, a dicir de prestixiosos estudiosos), Torre de Barral, calzadas romanas, ponte medieval, camiños reais, mámoas, petroglifos,balnearios, lagoa de Pedras Miudas, romarías, Festa da Solla, berce de afamados artístas e un longo etc.
Algúns destes recursos constitúen verdadeiros sinais de identidade deste fermoso concello, polo que se coñece fóra das nosas fronteiras: Romería Vikinga, Clube de Piragüismo, Cedonosa ou recoñecidos gaiteiros, por poñer só algúns. Un pobo e un territorio de ensoño, un pobo para vivir tranquilamente , en paz.
Pero chegou “o progreso” e uns gobernantes que non souberon nin saben entender as claves do verdadeiro desenvolvemento: aquel que está o servicio da xente, aquel que, partindo do respeto á Natureza, se fai sustentable e humano, aquel que constrúe e colabora co natural, mellorándoo. E así, o que a sabia e nai Natureza nós dou, veu ese falso e inhumano progreso e nolo quitou e inda nolo segue a quitar. Fábricas no leito do río, asteleiros no contorno da praia , parque empresarial na zona do Mirador, depuradora de residuais xunto as casas, centros comerciais tapando o camposanto e burlándose das normas sanitarias e urbanísticas (rompendo a harmonía formada polo propio cemiterio, a igrexa parroquial co seu adro-alameda, a casa do concello e a propia Fonte Gaiteira e elementos patrimoniais anexos ) e un longo etc.
Pois, por se todo isto fora pouco, agora vén o non vai máis: O MULTIUSOS, O GAIÁS DE CATOIRA, para maior gloria do noso alcalde e o seu paso á posteridade coma se dun Xelmirez se tratara. Catrocentos e pico de millóns das antigas pesetas para unha nova casa consistorial de catro plantas e un macroauditorio adosado. Quen dá máis? Ninguén. Ningunha persoa sensata se atrevería a tanto, e menos nos tempos que corren. Sobre todo, habendo catro casas de cultura no término municipal. Un auditorio de dimensións acordes coas necesidades e a poboación do concello, podería ser. Inda que estando Vilagarcía ao lado, ou mesmamente Valga, que dispoñen de amplos auditorios, difíciles de manter (programacións costosas) e de encher, ao mellor ben se poderia prescindir del. Pero, o pior no é que se constrúa un auditorio, (o do novo concello sería unha monstruosidade inaceptable, un derroche de moi malos xestores do público), o pior como digo e a ubicación escollida para tan xigantesca obra: a parcela situada ao outro lado do río Catoira na chamada como FONTE GAITEIRA e catalogada na normas urbanísticas do 93 como zona verde. Espazo, todo el, chamado a ser o verdadeiro pulmón verde e zona de lecer, no centro urbano da vila de Catoira. De tal xeito, que todo aquel que se acecara a este pobo ou pasara por el, se encontrase cun verdadeiro parque natural integrado no contorno e atravesado por un río, no que dende sempre as xentes e os gaiteiros se xuntaban nunha perfecta conxunción para disfrute de tod@s. Tamén isto podería ser un actrativo máis e outra das súas señas de identidade.
Houbo que recalificar estes terreos para poder edificar, mediante un burdo expediente cheo de inexactitudes, imprecisións e alguna que outra cousa que non se axusta á verdade, para que así a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia lle dera o seu consentimento, cando seis meses antes llo había denegado por unannimidade. Cambalache, presións políticas nas consellerías afíns, coincidencias sospeitosas entre os redactores das normas urbanísticas vixentes, os que están a traballar no novo PXOM e os que redactaron o proxecto de recalificación, ausencias na Comisión Superior… En fin, que se o fiscal lle botase unha ollada ao expediente ou se se prantexase unha denuncia diante da policía autonómica ou mesmo da xustiza, algún que outro non as tería todas consigo.
PARQUE DA FONTE GAITEIRA, A PARCELA ENTEIRA; AUDITORIO SI, NOVA CASA DO CONCELLO NON; ARRANXO E AMPLIACIÓN DA ACTUAL CASA DO CONCELLO SI; DICTAME DE PATRIMONIO, XA.
Parece mentira (o de mentira é unha coña), que os do grupo socialista/o utilicen a/s páxina/s do Concello -que debería ser de tódolos catoirenses-no seu proveito, ainda que por outra banda era de esperar. Refírome á publicación no apartado "novas" da súa páxina web -e digo súa porque evidentemente non representa máis que ao alcalde e aos seus acólitos- da MISIVA PARA UN MEGALÓMANO" que publican en dito apartado, que foi contestada acertadamente polo autor do escrito, trocando a misiva por un misil co rumbo desviado (que apunta certamente -despois de trocarlo rumbo- a onde debería ser o seu primeiro obxetivo). Nora boa Ramiro, publico co teu permiso (espero) o teu misil neste blog.
Resposta a cinco concelleiros do PSOE de Catoira Por Xosé R. Paz Tarrio
MISIL, NON MISIVA
Máis que unha misiva para un megalómano (mira que che é rebuscada a palabra), o escrito firmado polos cinco concelleiros do grupo municipal socialista de Catoira parece un misil lanzado co obxectivo equivocado. Porque se miramos o dicionario, “megalomanía” é un estado psicopatolóxico caracterizado por delirios de riqueza, poder ou omnipotencia, asociado, a menudo, a delirios de grandeza e a unha obsesión compulsiva por ter o control de todo. A palabra deriva de ''manía'' significando loucura e de megalo significando unha obsesión con grandiosidade e extravagancia . Pois ben señoras/es, ou non manexan ben o dicionario ou ben se equivocaron de persoa, porque ao que suscribe importánlle os cartos o xusto, como é público e notorio, e o poder evítao (só é secretario dunha comunidade de montes, e porque non había voluntarios que quixesen selo). Omnipotente, tampouco se lle pode chamar a unha persoa que trata de comportarse con sinxeleza e humildade, sen cargos nin diñeiro que ofrecer. Claro que, se miran ao redor e moi pretiño de vostedes, igual atopan á persoa que se corresponde, como anel ao dedo, con ese duro adxectivo, sempre e cando lle quitemos o compoñente de loucura que parece demasiado forte e fóra de lugar. Se o que pretendían con ese “escrito” era desacreditarme e facerme dano por atreverme a opinar libremente (nun pobo onde moita xente inda ten medo a dicir - ou firmar- o que pensa) e por criticar o que están a facer na Fonte Gaiteira, teño que dicirlles, con todo o respecto e cariño, que non o van a lograr. Aos meus anos son como un paxariño que, voando solto, fago en cada momento o que creo máis conveniente para o ben dos que me rodean e nin vostedes nin o seu xefe político son quen de impedirmo. A miña honestidade e a miña entrega familiar , profesional e social son ben coñecidas e carecen vostedes de capacidade para poñelas en cuestión.
En canto ao escrito en sí, se descalifica por si só e non merece moito comentario. O que vostedes estiman como infraestrutura imprescindible-UN MEGAMULTIUSOS- é algo moi discutible para os tempos que corren. Arranxar e ampliar a actual Casa do Concello, ese xenuíno exemplo de feísmo urbanístico institucional coñecido en todo Galicia ao través dun riguroso estudio feito recentemente por un dos xornais de máis tirada, iso si que é prioritario. Facer unha nova onde, ademais de ubicar oficinas, un cómodo e amplio despacho para o sr. Alcalde, outros despachos, salas de exposicións…, se instalaría a biblioteca e o telecentro é ,simple e llanamente, un despilfarro. Son aires de grandeza. Que pensan facer coas instalacións actuais? No que se refiere ao auditorio o que suscribe dixo que cunha ubicación e unhas dimensións axeitadas ben podería ser, inda que, dados os elevados costes das súas programacións e as dificultades para enchelos, habería que meditar ben a súa pertinencia ou non. Non vaia a pasar coma moitos exemplos de instalacións millonarias feitas con cartos públicos por todo o noso país que están a morrer de risa como o mesmo xornal citado nos mostraba hai uns días. E en Catoira tamén algunha hai. No tocante a respostarme a min, autor, a título personal e na súa única condición de veciño, dos escritos de opinión que deron lugar a esa pouco atinada resposta dos concelleiros, meténdose á vez coa forza política na que con todo o orgullo milito, indica ou carencia de recursos dialécticos ou deixarse malaconsellar por quenes, tendo todo o poder, non dan a cara. Por certo, por que non asinou a “misiva” o sexto membro do equipo de goberno?
Por útimo, afirmar que algunhas das signaturas que se entregaron en defensa da Fonte Gaiteira son da Plataforma “Salva o tren”, como vostedes fan, é algo moi grave e que terán que probar ou rectificar públicamente. Asimesmo, facer un estudio tan detallado de cantos e quenes estamparon a súa firma é un fiel reflexo do seu”talante” intimidatorio, clientelar e controlador. Ah!, que uns concelleiros non saiban que esa megalómana obra consta de catro plantas, como se desprende da maqueta exposta ao público ou do ostentoso e caro cartel posto a pé de obra, indica que ou se preocupan pouco do seu traballo como concelleiros ou que, por ir enterrada, non vexan o que na memoria do anteproxecto chaman literalmente coma planta semisoto de 1.614 m/2. (segundo o cartel 1.599). RAMIRO PAZ PODE EQUIVOCARSE, señoras/es, PERO NON MINTE. Quenes minten coma chinos (mellor coreanos) son vostedes, con perdón para a xente destes pobos que merece toda a miña consideración.
En Catoira, a 1 de decembro de 2008-11-29 Asdo: JOSÉ RAMIRO PAZ TARRÍO, VECIÑO DE CATOIRA.
Sres. do PSOE (de Catoira), a ver se tendes un pouquiño de decencia, e empezades a "asimilar" ¿entendedes a palabra? que Catoira ¡non é o voso coto de caza! ¿captades a indirecta? ou chamamos ao Garzón.
eu como cidadan de esta vila pareceme que estan facendo cometendo delitos urbanisticos.O NOVO CONCELLO MAUSOLEO DO ALCALDE,ESTASE REFORMANDO OS ADROS CO PLAN E... SIN ENPEADOS DE CATOIRA.....GASTANSE CARTOS MENTRAS O SANIAMENTO CHEIRA,FAROLAS ROTAS,CABLES SOLTOS E SEN TAPAR,E MALEZA NAS CUNETAS E NAS RUTAS DE SENDERISMO E...¡GARCIA GARCIA!!!!!!!!!!! QUE FAI EOS CONCELLEIROS A VELOS HAI A VER SI CANBIAN O CARTEL DA FESTA DA VIKINGA QUEVAI GASTADO
Os politicos son o reflexo da sociedade. García non é pior q ningún outro..., porque xa naceu así... A oposición e unha peniña... ainda existe o BNG? A xente de catoira é o que é... Asco de xente, noxo de pobo...
FONTE GAITEIRA
ResponderEliminarCatoira é un pequeno municipio de 3.500 habitantes, cunha importante riqueza histórica, etnográfica e paisaxística. Situada nun enclave privilexiado , a desembocadura do Ulla, e no val formado polos montes do Xiabre e a Serra do Barbanza. Parte do seu territorio está protexido pola Rede Natura 2.000. Abundante en recursos de todo tipo que deron lugar á criación dunha puxante actividade económica: telleiras e aserradoiros no pasado; modernas fábricas de gres, ladrillos, conservas e asteleiros no presente.
Ben comunicada, está a escasos quilómetros de Vilagarcía, Padrón e Caldas de Reis. Tan só 35 quilómetros a separan de Pontevedra e Santiago, sendas capitais de provincia e comunidade. Chea de elementos patrimoniais e de outro tipo, xa protexidos uns ou merecentes de ser protexidos outros: Torres de Oeste, muíños de río, de vento ou de maré (vén poidera considerarse a capital dos muíños de Galiza, a dicir de prestixiosos estudiosos), Torre de Barral, calzadas romanas, ponte medieval, camiños reais, mámoas, petroglifos,balnearios, lagoa de Pedras Miudas, romarías, Festa da Solla, berce de afamados artístas e un longo etc.
Algúns destes recursos constitúen verdadeiros sinais de identidade deste fermoso concello, polo que se coñece fóra das nosas fronteiras: Romería Vikinga, Clube de Piragüismo, Cedonosa ou recoñecidos gaiteiros, por poñer só algúns. Un pobo e un territorio de ensoño, un pobo para vivir tranquilamente , en paz.
Pero chegou “o progreso” e uns gobernantes que non souberon nin saben entender as claves do verdadeiro desenvolvemento: aquel que está o servicio da xente, aquel que, partindo do respeto á Natureza, se fai sustentable e humano, aquel que constrúe e colabora co natural, mellorándoo. E así, o que a sabia e nai Natureza nós dou, veu ese falso e inhumano progreso e nolo quitou e inda nolo segue a quitar. Fábricas no leito do río, asteleiros no contorno da praia , parque empresarial na zona do Mirador, depuradora de residuais xunto as casas, centros comerciais tapando o camposanto e burlándose das normas sanitarias e urbanísticas (rompendo a harmonía formada polo propio cemiterio, a igrexa parroquial co seu adro-alameda, a casa do concello e a propia Fonte Gaiteira e elementos patrimoniais anexos ) e un longo etc.
Pois, por se todo isto fora pouco, agora vén o non vai máis: O MULTIUSOS, O GAIÁS DE CATOIRA, para maior gloria do noso alcalde e o seu paso á posteridade coma se dun Xelmirez se tratara. Catrocentos e pico de millóns das antigas pesetas para unha nova casa consistorial de catro plantas e un macroauditorio adosado. Quen dá máis? Ninguén. Ningunha persoa sensata se atrevería a tanto, e menos nos tempos que corren. Sobre todo, habendo catro casas de cultura no término municipal. Un auditorio de dimensións acordes coas necesidades e a poboación do concello, podería ser. Inda que estando Vilagarcía ao lado, ou mesmamente Valga, que dispoñen de amplos auditorios, difíciles de manter (programacións costosas) e de encher, ao mellor ben se poderia prescindir del. Pero, o pior no é que se constrúa un auditorio, (o do novo concello sería unha monstruosidade inaceptable, un derroche de moi malos xestores do público), o pior como digo e a ubicación escollida para tan xigantesca obra: a parcela situada ao outro lado do río Catoira na chamada como FONTE GAITEIRA e catalogada na normas urbanísticas do 93 como zona verde. Espazo, todo el, chamado a ser o verdadeiro pulmón verde e zona de lecer, no centro urbano da vila de Catoira. De tal xeito, que todo aquel que se acecara a este pobo ou pasara por el, se encontrase cun verdadeiro parque natural integrado no contorno e atravesado por un río, no que dende sempre as xentes e os gaiteiros se xuntaban nunha perfecta conxunción para disfrute de tod@s. Tamén isto podería ser un actrativo máis e outra das súas señas de identidade.
Houbo que recalificar estes terreos para poder edificar, mediante un burdo expediente cheo de inexactitudes, imprecisións e alguna que outra cousa que non se axusta á verdade, para que así a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia lle dera o seu consentimento, cando seis meses antes llo había denegado por unannimidade. Cambalache, presións políticas nas consellerías afíns, coincidencias sospeitosas entre os redactores das normas urbanísticas vixentes, os que están a traballar no novo PXOM e os que redactaron o proxecto de recalificación, ausencias na Comisión Superior… En fin, que se o fiscal lle botase unha ollada ao expediente ou se se prantexase unha denuncia diante da policía autonómica ou mesmo da xustiza, algún que outro non as tería todas consigo.
PARQUE DA FONTE GAITEIRA, A PARCELA ENTEIRA; AUDITORIO SI, NOVA CASA DO CONCELLO NON; ARRANXO E AMPLIACIÓN DA ACTUAL CASA DO CONCELLO SI; DICTAME DE PATRIMONIO, XA.
Catoira, a 14 de novembro de 2.008
Xosé Ramiro Paz Tarrío, veciño de Catoira.
Polo que se ve, este é un asunto perdido
ResponderEliminarParece mentira (o de mentira é unha coña), que os do grupo socialista/o utilicen a/s páxina/s do Concello -que debería ser de tódolos catoirenses-no seu proveito, ainda que por outra banda era de esperar. Refírome á publicación no apartado "novas" da súa páxina web -e digo súa porque evidentemente non representa máis que ao alcalde e aos seus acólitos- da MISIVA PARA UN MEGALÓMANO" que publican en dito apartado, que foi contestada acertadamente polo autor do escrito, trocando a misiva por un misil co rumbo desviado (que apunta certamente -despois de trocarlo rumbo- a onde debería ser o seu primeiro obxetivo). Nora boa Ramiro, publico co teu permiso (espero) o teu misil neste blog.
ResponderEliminarResposta a cinco concelleiros do PSOE de Catoira
Por Xosé R. Paz Tarrio
MISIL, NON MISIVA
Máis que unha misiva para un megalómano (mira que che é rebuscada a palabra), o escrito firmado polos cinco concelleiros do grupo municipal socialista de Catoira parece un misil lanzado co obxectivo equivocado. Porque se miramos o dicionario, “megalomanía” é un estado psicopatolóxico caracterizado por delirios de riqueza, poder ou omnipotencia, asociado, a menudo, a delirios de grandeza e a unha obsesión compulsiva por ter o control de todo. A palabra deriva de ''manía'' significando loucura e de megalo significando unha obsesión con grandiosidade e extravagancia . Pois ben señoras/es, ou non manexan ben o dicionario ou ben se equivocaron de persoa, porque ao que suscribe importánlle os cartos o xusto, como é público e notorio, e o poder evítao (só é secretario dunha comunidade de montes, e porque non había voluntarios que quixesen selo). Omnipotente, tampouco se lle pode chamar a unha persoa que trata de comportarse con sinxeleza e humildade, sen cargos nin diñeiro que ofrecer. Claro que, se miran ao redor e moi pretiño de vostedes, igual atopan á persoa que se corresponde, como anel ao dedo, con ese duro adxectivo, sempre e cando lle quitemos o compoñente de loucura que parece demasiado forte e fóra de lugar. Se o que pretendían con ese “escrito” era desacreditarme e facerme dano por atreverme a opinar libremente (nun pobo onde moita xente inda ten medo a dicir - ou firmar- o que pensa) e por criticar o que están a facer na Fonte Gaiteira, teño que dicirlles, con todo o respecto e cariño, que non o van a lograr. Aos meus anos son como un paxariño que, voando solto, fago en cada momento o que creo máis conveniente para o ben dos que me rodean e nin vostedes nin o seu xefe político son quen de impedirmo. A miña honestidade e a miña entrega familiar , profesional e social son ben coñecidas e carecen vostedes de capacidade para poñelas en cuestión.
En canto ao escrito en sí, se descalifica por si só e non merece moito comentario. O que vostedes estiman como infraestrutura imprescindible-UN MEGAMULTIUSOS- é algo moi discutible para os tempos que corren. Arranxar e ampliar a actual Casa do Concello, ese xenuíno exemplo de feísmo urbanístico institucional coñecido en todo Galicia ao través dun riguroso estudio feito recentemente por un dos xornais de máis tirada, iso si que é prioritario. Facer unha nova onde, ademais de ubicar oficinas, un cómodo e amplio despacho para o sr. Alcalde, outros despachos, salas de exposicións…, se instalaría a biblioteca e o telecentro é ,simple e llanamente, un despilfarro. Son aires de grandeza. Que pensan facer coas instalacións actuais? No que se refiere ao auditorio o que suscribe dixo que cunha ubicación e unhas dimensións axeitadas ben podería ser, inda que, dados os elevados costes das súas programacións e as dificultades para enchelos, habería que meditar ben a súa pertinencia ou non. Non vaia a pasar coma moitos exemplos de instalacións millonarias feitas con cartos públicos por todo o noso país que están a morrer de risa como o mesmo xornal citado nos mostraba hai uns días. E en Catoira tamén algunha hai. No tocante a respostarme a min, autor, a título personal e na súa única condición de veciño, dos escritos de opinión que deron lugar a esa pouco atinada resposta dos concelleiros, meténdose á vez coa forza política na que con todo o orgullo milito, indica ou carencia de recursos dialécticos ou deixarse malaconsellar por quenes, tendo todo o poder, non dan a cara. Por certo, por que non asinou a “misiva” o sexto membro do equipo de goberno?
Por útimo, afirmar que algunhas das signaturas que se entregaron en defensa da Fonte Gaiteira son da Plataforma “Salva o tren”, como vostedes fan, é algo moi grave e que terán que probar ou rectificar públicamente. Asimesmo, facer un estudio tan detallado de cantos e quenes estamparon a súa firma é un fiel reflexo do seu”talante” intimidatorio, clientelar e controlador. Ah!, que uns concelleiros non saiban que esa megalómana obra consta de catro plantas, como se desprende da maqueta exposta ao público ou do ostentoso e caro cartel posto a pé de obra, indica que ou se preocupan pouco do seu traballo como concelleiros ou que, por ir enterrada, non vexan o que na memoria do anteproxecto chaman literalmente coma planta semisoto de 1.614 m/2. (segundo o cartel 1.599). RAMIRO PAZ PODE EQUIVOCARSE, señoras/es, PERO NON MINTE. Quenes minten coma chinos (mellor coreanos) son vostedes, con perdón para a xente destes pobos que merece toda a miña consideración.
En Catoira, a 1 de decembro de 2008-11-29
Asdo: JOSÉ RAMIRO PAZ TARRÍO, VECIÑO DE CATOIRA.
Sres. do PSOE (de Catoira), a ver se tendes un pouquiño de decencia, e empezades a "asimilar" ¿entendedes a palabra? que Catoira ¡non é o voso coto de caza! ¿captades a indirecta? ou chamamos ao Garzón.
ResponderEliminareu como cidadan de esta vila pareceme que estan facendo cometendo delitos urbanisticos.O NOVO CONCELLO MAUSOLEO DO ALCALDE,ESTASE REFORMANDO OS ADROS CO PLAN E... SIN ENPEADOS DE CATOIRA.....GASTANSE CARTOS MENTRAS O SANIAMENTO CHEIRA,FAROLAS ROTAS,CABLES SOLTOS E SEN TAPAR,E MALEZA NAS CUNETAS E NAS RUTAS DE SENDERISMO E...¡GARCIA GARCIA!!!!!!!!!!! QUE FAI EOS CONCELLEIROS A VELOS HAI A VER SI CANBIAN O CARTEL DA FESTA DA VIKINGA QUEVAI GASTADO
ResponderEliminarOs politicos son o reflexo da sociedade.
ResponderEliminarGarcía non é pior q ningún outro..., porque xa naceu así...
A oposición e unha peniña... ainda existe o BNG?
A xente de catoira é o que é...
Asco de xente, noxo de pobo...